Benvidos á nova páxina web da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla! Se estades lendo isto quizáis é porque vos gusta a música e disfrutades tanto coma nós deste bonito arte. Non se nos ocurre mellor maneira de inaugurar a web que dándovos a nova dun concerto, o concerto de nadal.
Como xa é tradición, todos os anos organizamos o concerto de nadal despois de meses de esforzo preparando novas obras. Pois ben, este sábado día 7 de xaneiro, ás 19.00 horas, queremos que disfrutedes tanto coma nós e agardámosvos a todos na Casa Cultural de Santa Cruz de Ribadulla cun fantástico cartel:
Teatro de Montecarlo…………………………………………………..Aurelio Pérez Perelló.
Concerto para dous clarinetes……………………………………….Felix Mendelssohn.
IX Sinfonía (4º Tempo)………………………………………………….Anton Dvorak.
Fantasy Variations………………………………………………………. James Barnes.
Symphonic marches……………………………………………………. John Williams.
E sen máis, temos que agradece a confianza e o apoio que despositades en nós todo o ano, festa a festa, concerto a concerto. Agardamos que este 2017 sexa un gran ano e que sigades todos pretiño de nós.
FELIZ ANO e vémonos o sádado!